Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Plan de residuos industriais de Galiza 2016-2020

26-01-2017 - Residuos

A Directiva marco de residuos incorpora a obriga de establecer plans e programas de xestión de residuos, así como a elaboración de programas de prevención, a fin de romper o vínculo entre crecemento económico e xeración de residuos. A xeración e a xestión dos residuos en xeral, e industriais en particular, poden presentar impactos negativos sobre o medio debido á súa composición e ao tipo de tratamento final ao que se someten.

O plan conta cun orzamento de 19 millóns de euros durante a súa vixencia, articúlandose ao redor de 13 obxectivos estratéxicos, 17 programas (un transversal de prevención, e 16 específicos segundo o tipo de residuos), 108 medidas específicas e 43 indicadores de seguimento.

Este Plan, subsume o Programa de prevención de residuos industriais e o Programa de xestión de residuos de construción e demolición cuxa vixencia finalizaba no ano 2016.

Ligazón ao Plan de residuos industriais de Galiza 2016-2020, PRIGA

Máis información en SIRGA, Sistema de información de residuos de Galiza

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS