Financiado por:
/ Medio ambiente

O nivel do mar sube de xeito imparable

15-09-2015 - cambio climático

Un equipo de investigadores da NASA , logo de analizar datos de satélites dende o ano 1992, conclúen que o nivel do mar subiu case oito centimetros de media en todo o planeta nas dúas últimas décadas, e que seguirá subindo. Segundo o coordinador do Equipo de Cambio do Nivel do Mar da NASA, "o nivel do mar subirá a lo menos un metro nos vindeiros 100 anos, probablemente máis".

O incremento do nivel do mar débese a que os océanos funcionan como termostato, recollendo o 90% do calor provocado polas emisións de gases de efecto invernadoiro; como consecuencia a auga quéntase, expandese e funde o xeo.Os científicos estiman que un tercio do incremento do nivel do mar é debido á expansión dos océanos polo quecemento da auga, outro tercio á fusión de grandes masas de xeo da Antártida e de Groenlandia e o resto á desaparición de glaciares alpinos.

Segundo os investigadores, o incremento do nivel do mar non será homoxéneo e afectará máis a unhas zonas que a outras; entre os factores que determinarán o incremento por zonas están os ciclos naturais das corrientes oceánicas: naquelas zonas nas que a temperatura da auga é máis fría esta se expandirá menos; segundo o estudo presentado pola NASA, as zonas máis afectadas serían as costas do Pacífico de Asia e Oceanía, o Mediterráneo Oriental e a costa atlántica de América; nun visor interactivo da web da NASA apréciase como quedan baixo as augas cidades como Nova Orleáns, Miami ou Amsterdam.

A NASA ten en marcha unha investigación que durante 6 anos tomará mostras das augas da Antártida para estudiar cómo o quentamento dos océanos está afectando aos glaciares existentes na rexión.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS