Co financiamento de:
/ Medio ambiente

O Goberno aproba o Plan Hidrolóxico do Miño-Sil

29-04-2013 - MEDIO AMBIENTE

O Consello de Ministros aprobou o pasado venres, por proposta do MAGRAMA, o Real Decreto do Plan Hidrolóxico da parte española da demarcación hidrográfica do Miño-Sil.

Con esta aprobación xa son dez os plans de conca impulsados polo actual Executivo. Cinco deles xa foron aprobados por Real Decreto (xunto ao do Miño-Sil, o primeiro de competencia estatal ao discorrer por varias Comunidades Autónomas, os de Galicia-Costa, Tinto-Odiel-Piedras, Guadalete-Barbate e Concas Mediterráneas Andaluzas), mentres que os outros cinco plans xa están na súa última fase de tramitación tras o informe favorable do Consello Nacional da Auga (Douro, Guadalquivir, Guadiana, Cantábrico Occidental e Cantábrico Oriental).

O obxectivo do Goberno é aprobar os plans de conca das demarcacións competencia do Estado (intercomunitarias) este ano, inicialmente debían estar aprobados en 2009, e impulsar que nese prazo se aprobe o maior número de plans das concas intracomunitarias (de competencia autonómica).

Avánzase así no proceso de planificación hidrolóxica nas concas hidrográficas españolas, impulsando o cumprimento da Directiva Marco da Auga e dos preceptos do texto refundido da Lei de Augas que a traspón no estado español.

Contido do Plan Hidrolóxico

No plan aprobado hoxe defínense na rede hidrográfica Miño-Sil 278 masas de augas superficiais, das que 196 se encontran en bo estado, 78 non alcanzan o bo estado e en catro delas non foi posible a súa avaliación. Tamén se definiron seis masas de augas subterráneas das que só unha delas non alcanza o bo estado.

Para lograr a mellora destas masas de auga, o plan inclúe un programa de máis de mil medidas que consideran un total de 1.564 actuacións. Estas medidas supoñerán un investimento, a realizar entre todas as administracións públicas, por un importe aproximado de 988 millóns de euros.

Por outra parte, definiuse tamén neste plan un novo réxime de caudais ecolóxicos para todas as masas de auga superficiais, que deberá de ser respectado en todas as concesións que se outorguen para os diferentes usos.

O plan hidrolóxico está composto pola Memoria acompañada de doce anexos, e pola normativa. El Real Decreto consta de dous artigos, seis disposicións adicionais, unha disposición derrogatoria, pola que se derroga o plan hidrolóxico de conca de 1998, e dúas disposicións finais.

O plan hidrolóxico da parte española da demarcación do Miño-Sil foi informado favorablemente polo Consello Nacional da Auga o pasado mes de xuño de 2012, tras a súa aprobación polo Consello da Auga da demarcación e o pertinente proceso de participación pública. Antes da súa aprobación polo Consello de Ministros, contou coa aprobación e o informe positivo dos diferentes Ministerios afectados.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS