Financiado por:
/ Medio ambiente

O Estado español, o estado da UE no que máis crecen as emisións de efecto invernadoiro dende 1990

17-09-2019 - CONTAMINACIÓN

Non período comprendido entre 1990 e 2017 as emisións de gases de efecto invernadoiro en termos absolutos aumentaron en 51,7 millóns de toneladas, o que supón un 17,9%. Este dato contrasta co do conxunto da UE, que reduciu un 23,5% as súas emisións neses 27 anos mentres o PIB ,edraba un 58%. Seis dos 28 países da Unión Europea non conseguiron loitar efectivamente contra estes gases e reducilos nestas case tres décadas: Austria, Chipre, Irlanda, Malta, Portugal e España, segundo o inventario oficial difundido pola Axencia Europea do Medio Ambiente.

Chipre, cun incremento do 57,8% neste período, e Portugal, cun 19,5%, son os países que  porcentualmente máis aumentaron as súas emisións. Pero ningún ten un peso tan grande dentro da UE como o da economía española. O informe detalla que o incremento no Estado débese "en gran parte" ao "aumento das emisións do transporte por estrada, as da produción de electricidade e calor e as dos fogares e servizos".

"As emisións en no Estado ata 2007 creceron de forma salvaxe, en máis dun 50%", lembra o economista José  Santamarta, membro do Observatorio da Sustentabilidade. E isto debeuse ao crecemento económico experimentado no país "unido á falta de cambios no  mix enerxético". O economista engade un factor máis: o incremento das emisións procedentes do transporte por estrada pola expansión do parque móbil.

O informe da Axencia Europea do Medio Ambiente confirma a tendencia que leva anos apreciando e que sitúa ao Estado españos como un dos membros da UE que menos conseguiron romper a relación entre crecemento económico e gases de efecto invernadoiro. De feito, nas últimas tres décadas esas emisións só empezaron a caer con forza coa crise económica de 2008.

O informe da Axencia Europea do Medio Ambiente destaca a evolución positiva de Reino Unido e Alemaña, que acumularon un 50% do total da redución neta das emisións da UE nos últimos 27 anos. A análise explica que as principais razóns "da tendencia favorable en Alemaña foron un aumento na eficiencia de enerxía" e os cambios producidos tras a reunificación alemá, principalmente "no sector de aceiro e ferro". Ademais, engade como pasos positivos a substitución de parte da produción alemá de electricidade con carbón por gas natural, o "forte incremento" das renovables e as melloras na xestión dos residuos orgánicos.

No caso do Reino Unido, o informe achaca a redución das emisións ao abandono do petróleo e o carbón para xerar electricidade, que se substituíu por gas. E, como no caso alemán, tamén influíron a diminución da produción de ferro e aceiro e a mellor xestión dos vertedoiros.

En termos globais, practicamente todos os sectores da UE reduciron os seus gases de efecto invernadoiro. Pero o inventario da Axencia Europea do Medio Ambiente apunta cara a un problema aínda non resolvido, o das emisións do transporte. "Por cuarto ano consecutivo dende 2013, as emisións de dióxido de carbono do transporte por estrada aumentaron en 2017, tanto nos vehículos comerciais como nos de pasaxeiros", alerta o informe.

Fonte: El País

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS