Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Luces e sombras das políticas ambientais en tempos de crise

18-11-2013 - Medio Ambiente

O Observatorio de Políticas Ambientais é unha iniciativa constituida co obxetivo de analizar periódicamente as políticas en materia de medio ambiente do Estado y das Comunidades Autónomas, tendo en conta o contexto internacional e comunitario europeo. Esta publicación, recolle anualmente as análises realizadas por un grupo de traballo independente formado por 47 Profesores de Dereito de 32 Universidades, sobre as políticas ambientais, tanto do Estado como de cada unha das dezasete Comunidades Autónomas e o conxunto das Entidades Locais. Inclúe tamén estudos sectoriais sobre a protección do litoral, as augas, a contratación pública verde, e a exposición das novidades producidas nas políticas ambientais doutros países, así como no ámbito internacional.

O último informe, que analiza  a evolución das políticas ambientais durante o ano 2012, presentouse o día 11 de novembro.

Neste traballo ponse de manifesto que a crise económica está a pór de relevo maneiras moi diferentes de orientar as políticas ambientais, que van dende a súa relegación á súa máis firme defensa. No Observatorio destácase en tal sentido a estéril acumulación de declaracións internacionais supostamente proteccionistas, que pon de relevo o fracaso en temas fundamentais para a humanidade. Como contrapunto, destácanse, en cambio, esforzos da Unión Europea por programar unha acción ambiental útil.

Para máis información:

http://www.ecodes.org/noticias/opam2012#.UoDxJHAyIzc

Fonte:  Ambientum / Ecodes

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS