Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Información medioambiental en directo

14-11-2014 - Medio ambiente

Proxecto baseado na retransmisión de información en directo a Internet empregando redes wifi de sensores ambientais instalados en todos os recunchos da Terra. Desde unha páxina web poden consultase os indicadores ambientais de calquera lugar do mundo, como por exemplo temperatura, humidade, luminosidade, polución. Isto é o que xa está a facer o proxecto Smart Citizen, grazas un par de placas Arduino con wifi integrado e varios sensores.

Na páxina web de Smart Citizen pode verse un mapa do mundo con puntos luminosos. Cada un deses puntos correspóndese cunha estación de medición ambiental que proporciona datos en directo da temperatura, humidade, luminosidade, hora, nivel de ruído, concentración de monóxido de carbono e dióxido de nitróxeno. Facendo clic nalgún deses puntos pode visualizarse a información detallada dese lugar.

Todas estas estacións de medición, denominadas  Smart Citizen Kit, son instaladas por particulares que as colocan na súa casa e as conectan á súa rede wifi; a estación automaticamente vai tomando medicións do lugar e as sube aos servidores de Smart Citizen.

Ligazón http://www.smartcitizen.me/ 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS