Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Galiza vai elaborar a súa primeira Estratexia Ambiental

01-02-2016 - MEDIO AMBIENTE

Na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estase a traballar nun documento base para deseñar a primeira Estratexia Ambiental de Galiza. Trátase dun borrador que sentará as bases para definir a estratexia na que se identifiquen cales son os retos aos que se enfrenta Galiza e na que se identifiquen as oportunidades que poden xurdir nos diferentes sectores estratéxicos.

Encadrados nesta estratexia habería que sinalar:

O diagnóstico dun informe sobre o cambio climático, para o que xa se está recompilando a información, e que recollerá os progresos conseguidos no últimos catro anos na loita pola redución dos gases á atmosfera.

A conservación da paisaxe unindo, nun mesmo contexto, os conceptos de territorio e medio ambiente. Neste sentido, xa está en marcha a Estratexia da Paisaxe Galega 2014-2016, onde destaca a elaboración do Atlas das Paisaxes de Galiza, unha ferramenta que poñerá en valor as paisaxes máis relevantes. Vaise presentar un borrador do primeiro Catálogo das Paisaxes Galegas, no que se determinan 207 áreas de especial interese, ben polo seu valor natural ou ecolóxico, cultural ou patrimonial ou estético e panorámico.

A creación da Rede galega de Parques Naturais, para potenciar a calidade destes espazos, como unha prioridade irrenunciable, pero, á vez, compatible coas visitas aos parques, sempre que se faga de maneira ordenada e poñendo a conservación como primeiro obxectivo.

Traballarase tamén na mellora dos recursos hídricos, para o que se conta cun novo Plan Hidrolóxico que se prolongará ata 2021 e cunha dotación orzamentaria de 655 millóns.

Estase redactando tamén o borrador da nova Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade, co fin de contar con máis instrumentos para protexer á fauna.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS