Financiado por:
/ Medio ambiente

Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono

16-09-2020 - ONU

Este ano, celébranse os 35 anos da Convención de Viena e os 35 anos de protección mundial da capa de ozono. A vida na Terra non sería posible sen a luz solar. Pero a enerxía que emana do sol sería demasiado para que a vida na Terra prosperase se non fóra pola capa de ozono. Esta capa estratosférica protexe á Terra da maior parte da daniña radiación ultravioleta do sol. A luz solar fai posible a vida, pero a capa de ozono fai posible a vida tal como a coñecemos.

A capa de ozono é unha franxa fráxil de gas que protexe a Terra dos efectos nocivos dos raios solares, contribuíndo así a preservar a vida no planeta. A utilización durante anos de certos produtos químicos danárona, poñendo en perigo a nosa  existencia e a do resto de seres vivos do planeta. Un esforzo internacional conxunto permitiu a eliminación e redución do uso de substancias que esgotaban a capa de ozono, axudando non só a protexela para a xeración actual e as vindeiras, senón tamén a mellorar os resultados das iniciativas dirixidas a afrontar ao cambio climático. Eses esforzos protexeron  asímismo a saúde humana e os ecosistemas reducindo a radiación  ultravioleta do sol que chega á Terra.

Cando os científicos descubriron, a finais da década de 1970, que a humanidade estaba a crear un buraco neste escudo protector, fixeron saltar a alarma. O buraco, causado polos gases que esgotan a capa de ozono (SAO) utilizados en aerosois e refrixeración, como refrixeradores e aparellos de aire acondicionado, ameazaba con aumentar os casos de cancro de pel e cataratas, e danar plantas, cultivos e ecosistemas.

A resposta global foi decisiva. En 1985, adoptouse a Convención de Viena para a Protección da Capa de Ozono. Baixo o Protocolo de Montreal do Convenio, os gobernos, os científicos e a industria se compromenten a traballar xuntos para eliminar o 99 por cento de todas as substancias que reducen a capa de ozono. Grazas este protocolo, a capa de ozono está a recuperarse e espérase que volva aos valores anteriores a 1980 para mediados de século. Para apoiar o Protocolo, a Emenda de  Kigali, que entrou en vigor en 2019, traballa para reducir os  hidrofluorocarbonos (HFC), os gases de efecto invernadoiro cun gran potencial de quecemento climático e daniños para o medio ambiente.

O Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono celebra estes logros. Ademais, é unha boa mostra de que as decisións e accións colectivas, guiadas pola ciencia, son a única forma de resolver as grandes crises mundiais. Neste ano da pandemia de COVID-19, que trouxo consigo tantas dificultades sociais e económicas, a mensaxe dos tratados para salvar a capa de ozono de traballar conxuntamente e en harmonía polo ben común resoan máis que nunca e convértese nunha mensaxe fundamental nestes días. O lema do día, "Ozono para a vida", lémbranos que o ozono non só é crucial para a vida na Terra, senón que debemos continuar protexendo a capa de ozono para as xeracións futuras.

Convenio de Viena para a Protección da Capa de Ozono

 

 Fonte: ONU

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS