Financiado por:
/ Medio ambiente

Atlas de Xustiza Ambiental

10-03-2015 - Medio ambiente

A partires do día 3 de marzo, Día Mundial da Natureza, o proxecto Environmental Justice Organizations, Liabilities and Trade (EJOLT) pon a disposición un mapa interactivo que cataloga casos de resistencia contra proxectos e industrias que danan o medio ambiente e a saúde dos cidadáns, e no que se observa que o Estado español é o estado europeo no que se rexistran máis conflitos.

O proxecto de investigación EJAtlas está adicado a dar soporte a organizacións de xustiza ambiental e conta co apoio da Unión Europea. Aínda que o mapa xa leva en funcionamento dende o ano pasado, a partires de agora ofrecerá melloras nas que cabe citar a cobertura de preto de 1400 conflitos medioambientais repartidos por todo o mundo, nova interfaz , melloras nas buscas e nos filtros empregados, mapas con capas de datos xeoespaciais en temas como escaseza de auga, zonas forestais ou concesións mineiras e petrolíferas.

Galiza está presente neste atlas a través de tres conflitos: a marea negra do Prestige, a mina de ouro de Corcoesto e a contaminación da ría de Pontevedra.

Ligazón ao Atlas de Xustiza Ambiental

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS