Co financiamento de:
/ Igualdade

Novos protocolos e procedementos de actuación da Secretaría das Mulleres da CIG

31-07-2026 - IGUALDADE

A CIG-Confederación Intersindical Galega- pon a disposición o Protocolo para a detección e tratamento de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra da empresa, o Protocolo para a prevención e procedemento de actuación nos casos de denuncia por acoso sexual, laboral, por razón de sexo, orientación sexual, identidade, expresión de xénero e características sexuais ou outras expresións de violencia no traballo, o Plan de diversidade afectivo sexual e de xénero e o Protocolo de acompañamento a persoas trans.

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO PRODUCIDAS DENTRO E FÓRA DA EMPRESA 2026

O obxectivo deste Protocolo é actuar contra a violencia de xénero na contorna laboral, que comprende todo acto de violencia física ou psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas e as coaccións dirixidas contra as mulleres.

No Protocolo recóllense unha serie de medidas que inclúen aspectos informativos, laborais, económicos, preventivos, asistenciais, formativos e de sensibilización, que perseguen contribuír á erradicación da violencia de xénero en todas as súas manifestacións e protexer e asistir as mulleres vítimas de violencia no ámbito do traballo.

Ligazón ao Protocolo para a detección e tratamento de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra da empresa

PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN NOS CASOS DE DENUNCIA POR ACOSO SEXUAL, LABORAL, POR RAZÓN DE SEXO, ORIENTACIÓN SEXUAL, IDENTIDADE, EXPRESIÓN DE XÉNERO E CARACTERÍSTICAS SEXUAIS OU OUTRAS EXPRESIÓNS DE VIOLENCIA NO TRABALLO 2026

Este Protocolo ten por obxecto estabelecer un procedemento de actuación para o caso de que algunha persoa traballadora que detecte ou considere que é obxecto de acoso laboral ou dunha situación de violencia, poida facer uso deste para que se leven a cabo as actuacións necesarias que esclarezan a existencia ou non dun caso de acoso e se adopten as medidas pertinentes, segundo os casos.

Ligazón ao Protocolo para a prevención e procedemento de actuación nos casos de acoso

PLAN DE DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL E DE XÉNERO

Os obxectivos xerais deste plan son: garantir o uso dunha linguaxe inclusiva e non discriminatoria en toda a documentación e comunicación interna e externa da organización; respectar o nome sentido e a identidade de xénero de todas as persoas traballadoras; adaptar os rexistros e sistemas internos ás realidades diversas en materia de identidade e expresión de xénero; promover a diversidade LGBTI+ como valor na cultura organizativa; sensibilizar e formar a todo o persoal en materia de diversidade sexual, de xénero e afectiva, así como na prevención da LGTBIfobia; garantir a difusión e coñecemento do Plan LGTBI e do Protocolo de acoso e Incorporar a LGTBIfobia como factor de risco psicosocial no ámbito da prevención de riscos laborais.

Ligazón ao Plan de diversidade afectivo sexual e de xénero

PROTOCOLO DE ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS TRANS

O presente protocolo ten por obxecto garantir: o respecto á identidade e expresión de xénero, a protección da intimidade, dignidade e confidencialidade, a igualdade de trato e oportunidades, a eliminación de obstáculos administrativos, organizativos ou sociais, a prevención de situacións de discriminación, acoso ou violencia, o acompañamento durante os procesos de transición de xénero e/ou rectificación rexistral da mención relativa ao sexo e, se é o caso, ao nome. Así mesmo, este protocolo pretende estabelecer pautas claras de actuación para facilitar a integración e benestar das persoas traballadoras trans na empresa/organización/administración.

Ligazón ao Protocolo de acompañamento a persoas trans

Ligazón á sección IGUALDADE na páxina web da CIG

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS