Co financiamento de:
/ Igualdade

I Plan de igualdade da Xunta de Galiza

13-11-2023 - DOG

O I Plan de igualdade da Xunta de Galiza presenta un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a remover os obstáculos que poidan dificultar a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar calquera fonte de discriminación por razón de sexo na Administración Xeral da Xunta de Galiza. Os obxectivos específicos preséntanse en 8 eixes básicos de actuación

O I Plan de igualdade da Xunta de Galiza presenta un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a remover os obstáculos que poidan dificultar a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar calquera fonte de discriminación por razón de sexo na Administración Xeral da Xunta de Galiza. Estas medidas abranguen todos os eidos de competencia e desenvolvemento da AXXG - Administración Xeral da Xunta de Galicia -e inclúen a súa descrición, o prazo de execución, prioridade e os recursos necesarios para a súa implantación, seguimento e avaliación. No seu conxunto, constitúen un plan director que permite avanzar cara a uns obxectivos xenéricos:

– Garantir o principio de igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes no acceso e desenvolvemento do seu posto de traballo e nas políticas retributivas para postos de igual valor.

– Aplicar a perspectiva de xénero en todas as áreas, políticas e procesos de toma de decisións da AXXG de xeito transversal.

– Monitorizar o cumprimento das políticas de igualdade xa vixentes e controlar a implantación e efectividade das novas propostas.

– Establecer un conxunto de boas prácticas que favorezan a presenza equilibrada de mulleres e homes na AXXG, tanto dende unha perspectiva horizontal –de repartición do desempeño de tarefas e funcións– coma vertical, nos distintos niveis de responsabilidade.

– Establecer un conxunto de medidas que favorezan a conciliación coa vida laboral, persoal e familiar, promovendo a corresponsabilidade.

– Garantir unha contorna de traballo segura e saudable, libre de comportamentos indesexados, calquera que sexa a fonte de acoso ou discriminación.

– Garantir nos plans e medidas de saúde laboral e prevención de riscos a perspectiva de xénero.

Favorecer a sensibilización das persoas que traballan no seo da AXXG para erradicar calquera tipo de violencia, calquera que sexa a súa fonte.

Os obxectivos específicos preséntanse como eixes básicos de actuación:

– Eixe 1. Compromiso coa igualdade.

– Eixe 2. Acceso ao emprego público e provisión de prazas.

– Eixe 3. Condicións de traballo e promoción profesional.

– Eixe 4. Saúde laboral e prevención de riscos.

– Eixe 5. Retribucións.

– Eixe 6. Formación, información e sensibilización.

– Eixe 7. Tempo de traballo, corresponsabilidade e medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

– Eixe 8. Atención a situacións de especial protección: violencia de xénero, acoso sexual, acoso ou discriminación por razón de sexo e da orientación ou identidade sexual.

Ligazón á RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023 pola que se publica o I Plan de igualdade da Xunta de Galicia.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS