Co financiamento de:
/ Igualdade

Guía practica para a negociación de plans de igualde -CIG-

29-11-2021 - CIG -Confederación Intersindical Galega-

Esta guía nace coa vontade de solucionar as dúbidas máis frecuentes que atopamos durante o proceso de negociación de plans de igualdade e, ao tempo, de ofrecer solucións a aqueles aspectos máis controvertidos do novo desenvolvemento regulamentario dos plans de igualdade.

Se temos en conta que todas as empresas de máis de 50 persoas no seu cadro de persoal teñen a obriga de negociar plans de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes coa representación sindical, así como de adaptar os plans vixentes á nova regulación (incluíndo o rexistro retributivo, a auditoría retributiva e a valoración de postos de traballo), é preciso dotar as delegadas e delegados sindicais de ferramentas que lles permitan participar activamente con propostas encamiñadas a velar pola elaboración de diagnósticos de situación veraces, pola concreción de medidas correctoras e un seguimento eficaz do grao de cumprimento das accións igualitarias.

Consideramos fundamental realizar un seguimento e unha avaliación real dos plans de igualdade de oportunidades tanto nas empresas como nas administracións, vixiando que tanto os diagnósticos de situación como os rexistros salariais e as auditorías retributivas sexan elaborados tendo en conta a realidade analizada, identificando as eivas e acordando medidas que poñan remedio ás posíbeis discriminacións e desigualdades detectadas.

Por iso apostamos pola formación do corpo de delegadas e delegados para que dispoñan das ferramentas necesarias para manter un espírito combativo nas mesas de negociación, instando tamén á incorporación dunha linguaxe inclusiva, da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais, garantindo a compatibilidade da conciliación da vida persoal e familiar coa laboral, e negociando protocolos para a prevención e procedemento de actuación nos casos de denuncia non só por acoso sexual, laboral, ou por razón de sexo, senón englobando tamén ao acoso existente por orientación sexual, acoso por identidade e/ou expresión de xénero.

O compromiso da CIG coa igualdade non é unha simple declaración de intencións; consideramos fundamental sindicalizar a negociación dos plans de igualdade, porque o noso modelo sindical debe ser combativo, de confronto co sistema, tendo o feminismo de clase como eixo do noso traballo sindical.

Ligazón á Guía práctica para a negociación de plans de igualdade

Ligazón ao Modelo de acta/regulamento de funcionamento

Ligazón ao Check list. Lista de información que debe recoller o diagnóstico

Ligazón ao Modelo de ficha a cubrir en cada medida

Ligazón á nosa proposta de medidas a incorporar no futuro plan de igualdade

Ligazón a Avaliación

Ligazón ao Protocolo de acoso

Ligazón ao Modelo de solicitude de rexistro salarial

 

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS