Co financiamento de:
/ Igualdade

Guía de Conciliación

04-07-2012 - SECRETARÍA DA MULLER - CIG

A Secretaría de Muller da CIG vén de publicar unha Guía sobre Conciliación. Esta guía pretende dar resposta as preguntas máis usuais sobre a maternidade, a paternidade, as prestacións e os permisos relacionados coa conciliación, así como o tratamento da problemática da violencia de xénero e o acoso no traballo. Así mesmo contén medidas, plans e protocolos de igualdade a implantar nas empresas e modelos de solicitude para entregar na empresa.

A Guía está dirixida especialmente para servir de ferramenta de traballo ás delegadas e delegados sindicais, entre as/os que se repartirán 2.000 exemplares nas sete comarcas da CIG. Porén, o documento está dispoñíbel para o uso de toda a afiliación e pódese consultar e descargar na Sección de Muller da web Confederal, na web do Gabinete Técnico de Saúde Laboral a través da seguinte ligazón,  ou no arquivo anexo a esta nova.

A información que se presenta na Guía, atópase estruturada en trece capítulos cada un deles adicado a un tema concreto, o que facilita a consulta.

Índice da Guía:

01 Permisos, xestións relacionados coa maternidade.


02 Permisos, xestións relacionados coa paternidade.


03 Permiso de lactación.


04 Redución de xornada por coidado de fillas/os e familiares.


05 Redución de xornada por coidado de menores afectados/as por cancro e enfermidade grave.


06 Excedencia por coidado de fillas/os e familiares.


07 Permisos para coidado de familiares enfermos.


08 Flexibilidade horaria e outros permisos para conciliar a vida familiar, laboral e persoal.


09 Risco no embarazo e na lactación natural.


10 Acoso sexual e por razón de sexo.


11 Violencia de xénero.


12 Plans, protocolos e medidas de igualdade.


13 Modelos de solicitudes.

 

Documentos

Guia Conciliacion. Secretaría de Muller e Mocidade. CIG.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS