Co financiamento de:
/ Igualdade

Dereitos laborais das vítimas de violencia de xénero

06-08-2026 - Gabinete Técnico de Igualdade-CIG

Este documento do Gabinete Técnico de Igualdade da CIG, recolle un cadro informativo dos permisos e licenzas que se recoñecen no estatuto das persoas traballadoras para as vítimas de violencia de xénero.

Os Convenios colectivos e/ou Plans de Igualdade poden estabelecer os seus propios permisos e licenzas, así como as normas de desfrute dos mesmos, que, en ningún caso, poderán empeorar os recollidos no ET, por tanto, é importante que, a hora de informarse sobre estes dereitos, alén desta táboa consultes o teu convenio colectivo e o plan de igualdade da túa empresa, se o tivese.

A situación de violencia de xénero pode ser acreditada mediante:

- Sentenza condenatoria.

- Orde de protección ou calquera outra resolución xudicial que acorde unha medida cautelar en favor da vítima.

- Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero.

- Informe da administración pública emitido por calquera dos seus organismos especializados (SERGAS, Servizos Sociais municipais, Centros de Información ás Mulleres, Casa de acollida, etc.).

- Calquera outra documentación que se estime pertinente.

Ligazón ao documento Dereitos laborais das vítimas de violencia de xénero. Gabinete Técnico de Igualdade-CIG 2026

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS