Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 27

27-04-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.

Neste Nº 27 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral publica un total de  cinco artigos encadrados nas súas seccións: Sabías que...? A fondo; Documento-Análise; Opinión e Información Técnica.

O artigo que abre este Boletín, publicado no apartado Sabías que...?,  fai referencia á gran importancia que ten unha correcta determinación da continxencia causante dun proceso de incapacidade temporal.

Asemade atoparemos o texto, publicado baixo o epígrafe de A Fondo, sobre "A Inspección de Traballo e as políticas "laborais" do Goberno do PP: unha ecuación sen solución".
Como  Documento - Análise traballamos  "A promoción da saúde no traballo (PST). Rede europea de promoción da saúde no traballo (ENWHP)".
En Opinión aparece o artigo " A última irresponsabilidade do Goberno do PP da Xunta de Galicia en políticas de prevención de riscos laborais: Orde 2018 pola que se estabelecen as bases de axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónima de Galicia no exercicio 2018".
Para concluír, en Información Técnica "O que debes saber sobre a figura do recurso preventivo", que esperamos axude a esclarecer dúbidas sobre esta figura preventiva.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 27 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS