Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 3

09-10-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A reflexión que realiza o Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara Álvarez, sobre a influencia que a reforma laboral está a ter nos riscos psicosociais aos que a clase traballadora está exposta, abre este número do Boletín CIG Saúde Laboral. A sílice cristalina e valores límite de exposición, o recurso preventivo, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, e a sinatura por parte da CIG dun convenio de asistencia para a realización de probas biomecánicas, comprementan o número 3 do Boletín CIG - Saúde Laboral.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº3, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número podedes atopar o artigo informativo "a Inspección de Traballo e Seguridade Social: un insturmento ao servizo da prevención"  no apartado de Información Técnica e "O recurso preventivo" en Sabías que...?.

Na sección de  Entrevistas contamos nesta ocasión con Fernando Sabio Maroño, director do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral que nos anuncia a sinatura dun convenio de asistencia co centro sanitario de biomecánica aplicada UMANA para a realización de probas biomecánicas.

No apartado de Colaboracións, o artigo "A problemática científica da noramtiva de hixiene industrial e valores límite. Reflexións sobre a sílice cristalina", elaborado polo Xefe do Centro ISSGA de A Coruña, pecha o sumario.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS