Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 20

13-07-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Resulta habitual considerar o absentismo laboral atendendo exclusivamente á incapacidade laboral transitoria do/a traballador/a, sen ter en conta que, segundo a definición de absentismo da RAE, este termo conleva un compoñente de voluntariedade; é decir que o/a absentista é aquel que se ausenta por vontade propia. Considerar calquera ausencia do traballo, xustificada ou non, como absentismo laboral, supón unha interesada distorsión da realidade laboral e das estatísticas, a fin de cargar contra o/a traballador/a. Así mesmo a análise que sobre o absentismo se realiza por parte dos diferentes estados, sectores produtivos ou institucións, carece dunha metodoloxía única e dunha estandarización de parámetros a medir, o que fai que as estatísticas sexan imposibles de comparar.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 20 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo "Absentismo laboral:mentiras e manipulacións" baixo o epígrafe Análise - Opinión.

No apartado Opinión  atopamos o artigo "Alongamento da vida laboral, saúde e sustentabilidade no traballo"

O epígrafe Información  acolle o documento "A Comisión Europea propón modoficar a actual directiva sobre canceríxenos e estabelecer novos límites obrigatorios para trece substancias".

Para rematar, uns breves apuntamentos no noso “Taboleiro”.

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS