Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 10

25-06-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A importancia da representación e consulta de traballadores e traballadoras en materia de seguridade e saúde laboral queda patente nos datos reflectidos na enquisa ESENER, elaborada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo. A valoración deste aspecto da enquisa comparte espazo no Boletín con outros temas como a situación que en materia de saúde laboral están a padecer traballadores e traballadoras do servizo de reparto de correo, a "Guía de vixilancia da saúde na pesca", o mercado de traballo visto dende un punto de vista de xénero ou o procedemento de actuación en caso de accidente de traballo.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 10, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. A partires deste número, o Boletín únicamente se publicará en formato dixital.

O sumario deste número 10  conta con dous artigos dentro baixo o epígrafe de Opinión: por unha banda “A representación e consulta dos traballadores/as en materia de seguridade e saúde", que aparece na portada, e por outra “Apuntamentos sobre o entorno laboral dende un punto de vista de xénero.”

No apartado Entrevista contamos coa participación de Carlos del Río López, representante da CIG no Comité Provincial de Seguridade e Saúde Laboral de A Coruña e Responsable comarcal do sector de Correos e Telégrafos da área de Ferrol; baixo o epígrafe de Colaboración atoparemos información sobre a "Guía de vixilancia da saúde na pesca" e en Información Técnica o artigo "Accidente de traballo: procedemento básico de actuación".

 

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CIG

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS