Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 68

26-06-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A aprobación da Lei 2/2025 de 29 de abril pola que se modifican o Estatuto das persoas traballadoras en materia de extinción do contrato de traballo por incapacidade permanente e a Lei Xeral da Seguridade Social en materia de incapacidade permanente, supón un importante avance na protección dos dereitos laborais das persoas con discapacidade, atendendo, deste xeito, a algunhas das obrigacións que sobre esta materia tiña pendentes o Estado español. A nova norma estabelece que, cando a unha persoa traballadora se lle declara unha incapacidade permanente absoluta, total, ou gran incapacidade, o contrato non se extingue automaticamente e obriga á empresa a valorar a realización de axustes razoables ou se existe un posto vacante e compatible coa nova situación da persoa traballadora. A extinción do contrato só será posible en caso da imposibilidade de realizar axustes razoables sen que supoñan “carga excesiva”, por inexistencia dun posto vacante compatible coa situación da persoa traballadora ou que a pesares da existencia de posto vacante, a persoa traballadora rexeite razoadamente a recolocación ofrecida.

BOLETÍN CIG SAÚDE LABORAL Nº 68

- Contextualización normativa. Lei 2/2025 do 29 de abril

- A CIG ocupa sedes da Xunta e do Sergas contra a pretensión do PP de legalizar o abuso das mutuas

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 68 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS