Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 51. MONOGRÁFICO SECTOR24-05-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGActualmente a industria forestal de Galiza factura ao redor de 1.800 millóns de euros anuais e xera o 3,5% do PIB da noso País. Este sector emprega directamente preto de 25.000 persoas traballadoras e indirectamente ao redor de 50.000. Galiza conta cunha superficie forestal de 2 millóns de hectáreas que representan máis do 7% da superficie forestal de todas as CCAA. Nesta superficie realízanse o 50% das talas de madeira que se efectúan en todo o Estado, o que pon de manifesto a capacidade produtiva do noso sector forestal nesta actividade e o seu peso no conxunto do Estado. Na actualidade o colectivo de bombeiros/as forestais no noso País está conformado por preto de 1.200 brigadistas que traballan doce meses ao ano e máis de oitocentos que traballan unicamente seis meses ao ano. Ao longo deste Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector, imos achegarnos á situación da estrutura forestal do noso País, repasar a problemática en relación á prevención de riscos laborais do persoal traballador dos dispositvos contra incendios na Galiza e abordar a posición sindical da CIG en relación aos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e de axentes forestais e medioambientais, actualmente en tramitación no Congreso unha vez realizadas as alegacións correspondentes. |
|---|
Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 51
Prevención de riscos laborais e incendios forestais na Galiza:
- Achegamento á realidade do eucalipto na Galiza
- A seguridade laboral na extinción de incendios forestais
- Plan de prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia
- Exposición a substancias canceríxenas nas actividades contra incendios forestais
- Posición da CIG ante a situación dos servizos contra incendios na Galiza e os proxectos de lei de bombeiros/as forestais e axentes medioambientais
- Proxectos de lei basicos de bomberos/as forestais e axentes medioambientais
- Posición da CIG sobre o anteproxecto de lei do estatuto básico de bombeiros/as forestais
- Posicionamento e achegas da CIG ao “Anteproxecto de lei básica de axentes foretais/medioambientais”
O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 51 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.
Ligazón ao BOLETÍN CIG-SAÚDE LABORAL Nº 51