Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletin CIG Saúde Laboral Nº 45

26-10-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Boletín monográfico adicado á problemática en materia de prevención de riscos laborais que afecta ao sector da construción. A pesar dos anos de esforzos realizados na implementación de medidas de seguridade, este sector segue a ser un dos máis perigosos para as persoas que desenvolven nel a súa actividade profesional. A natureza mesma da construción, que implica a realización de actividades e tarefas perigosas, a alta rotación de persoal, a aínda insuficiente información, formación e toma de conciencia da importancia das medidas preventivas que se deben adoptar, a presión dos prazos e orzamentos estabelecidos ou a falta de medidas de control e vixilancia por parte das autoridades competentes son factores que agudizan a problemática. Como medidas básicas para reducir o problema podemos citar a mellora da formación e concienciación sobre seguridade laboral no sector de todos os actores implicados, o fomento da cultura de seguridade no lugar de traballo, a participación activa das persoas traballadoras na identificación e prevención dos riscos e o afortalamento dos mecanismos de control e vixilancia das autoridades competentes para garantir que as empresas cumpran coas normas de seguridade laboral.

Artigo do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 45 (monográfico)

A problemática da prevención de riscos laborais no sector da construción.

- Factores relevantes que agudizan a problemática

- Medidas básicas para reducir o problema

- Relación non exhaustiva de tipo de accidentes máis frecuente e perigoso no sector da construción

- A coordinación de actividades no sector da construción

- O coordinador/a de seguridade e saúde no sector da construción

- Principal normativa vixente no sector da construción en materia de prevención de riscos laborais

- Sinistralidade laboral no sector da construción. Sinistralidade laboral do sector na Galiza

- Novos casos de silicose rexistrados no INS durante o ano 2022. Casos na Galiza. Interpretación dos datos (INS). Os datos de novos casos de silicose na Galiza

- A problemática dos nanomateriais no sector da construción. Avaliación de riscos á exposición de nanomateriais no sector da construción. Relación non exhaustiva de materiais utilizados no sector da construción susceptibles de conter nanomateriais na súa composición

- O amianto no sector da construción. Límites de exposición ao amianto.

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 45 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS