Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 39

15-07-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Diversos estudos e traballos científicos teñen evidenciado que a actividade dos sindicatos de clase en materia preventiva realizada polos seus delegados/as, afiliados e as súas estruturas técnicas de apoio e asesoramento en materia de prevención, inflúen e repercuten moi positivamente na mellora da seguridade e das condicións de traballo nas empresas, propiciando o que se deu en chamar “o efecto sindicato”, que demostra que cando nas empresas existen delegados/as, afiliados/as apoiados por estruturas técnicas de prevención das organizacións sindicais, multiplícanse as intervencións e propostas de mellora das políticas e actuacións de prevención de riscos laborais nas empresas, con resultados significativamente máis positivos que cando estas estruturas non existen nin participan.

1. Desigualdade, traballo e xustiza social.

2. Risco químico: fichas de datos de seguridade.

3. Axentes canceríxenos no traballo. Síntese de directrices da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA).

4. Real Decreto 427/2021, do 15 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.

5. Nanotecnoloxía: un risco de difícil prevención.

6. Sindicalismo e prevención.


 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 39 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS