Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 38

28-04-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Neste 28 de Abril, día Mundial da Seguridade e da Saúde no Traballo, atopámonos aínda nunha situación de pandemia derivada do COVID-19 e baixo un estado de alarma decretado no conxunto do Estado español. O ano pasado por estas datas xa denunciabamos como nesta pandemia se estaba a evidenciar a concepción que as empresas teñen da seguridade e saúde no traballo como un gasto de produción máis que un verdadeiro interese pola saúde das persoas traballadoras. Tamén poñiamos énfase en como nas decisións dos gobernos central e autonómico pesaron máis os intereses económicos que a saúde das persoas. Este comportamento das empresas ás que só importan os beneficios e dos poderes políticos claramente ao servizo dos intereses económicos, mantívose durante todo este período e continúa aínda no presente.

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 38

1. A pandemia do covid-19 e o teletraballo. como o capitalismo avanza no deterioro da nosa saúde.

2. Proposición de lei de creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto.

3. Os robots xeran unha evidente perda neta de emprego e salarios segundo o estudo “Robots and Jobs: Evidence from US Labor Markets”.

4. Límites de exposición ocupacional (oel) e a directiva sobre carcinóxenos e mutáxenos. Esixencia sindical dun novo sistema para establecer os OEL da UE para carcinóxenos.

5. Achegamento á síndrome de burnout.

6. A xornada laboral de catro días.

7. Prevención de riscos laborais: oferta formativa.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 38 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS