Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 52

18-06-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Un elemento fundamental para a incorporación da perspectiva de xénero na seguridade e a saúde laboral é ter en conta que hai desigualdades importantes nas condicións laborais e de traballo de mulleres e homes, que consecuentemente comportan desigualdades na exposición aos riscos laborais. Actualmente existe un amplo consenso técnico e social sobre a necesidade de introducir a perspectiva de xénero na xestión preventiva de riscos laborais para combater as posibles situacións de discriminación ou desigualdade. Así quedou reflectido no Marco Estratéxico da Unión Europea en materia de saúde e seguridade no traballo 2021-2027 e nas Estratexias galega e estatal de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, cando se sinala que “o recoñecemento da diversidade, incluídas as diferenzas e as desigualdades de xénero, e a loita contra a discriminación na man de obra son fundamentais para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores e as traballadoras, tamén cando se avalíen os riscos no traballo”. Integrar a perspectiva de xénero no sistema de prevención de riscos laborais das empresas consiste en considerar de forma sistemática as diferentes condicións de traballo de mulleres e homes, definindo obxectivos e actuacións específicas dirixidas a eliminar as desigualdades e promover a igualdade en todas as políticas e accións, en todas as fases da acción preventiva: avaliación, planificación, execución e seguimento.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 52

- Perspectiva de xénero e prevención de riscos laborais

-  Análise crítico do “Proxecto de Real Decreto polo que se regula o fondo de compensación para as vítimas do amianto en desenvolvemento da Lei 21/2022 de 19 de outubro.

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 52 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS