Nova ferramenta OIRA para oficinas28-09-2026 - EU-OSHAContar con postos de traballo ben deseñados e con cargas de traballo equilibradas son requisitos previos para un traballo produtivo e saudable. Para contribuír a que estas actividades formen parte da práctica cotiá das oficinas, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo pon a disposición unha nova ferramenta de avaliación de riscos interactiva en liña (OiRA) especificamente para as oficinas. | ![]() |
|---|
Esta ferramenta guía ás empresas a través dunha avaliación paso a paso da súa contorna de traballo, axudándoas a identificar posibles riscos para a seguridade e a saúde no traballo e a poñer en marcha medidas de prevención eficaces.
Abarca unha ampla gama de ámbitos, dende a ergonomía dos postos de traballo, a iluminación e a ventilación, ata a organización do traballo e os riscos psicosociais. Ademais, axuda ás organizacións para abordar e previr o acoso e a violencia no lugar de traballo.
A participación das persoas traballadoras no proceso contribúe a garantir que a avaliación reflicta as condicións de traballo reais e favoreza unha prevención eficaz.
Ligazón á nova ferramenta OiRA para as oficinas
Ligazón ao titorial para ver OiRA
Ligazón á nova na páxina web da EU-OSHA