Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Novo estudio comparativo sobre trastornos musculoesqueléticos

10-11-2016 - EUROGIP

EUROGIP, organismo francés que ten como finalidade o estudo das cuestións relativas á seguridade, prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais tanto no plano europeo como internacional, publica os resultados dun estudo comparativo no recoñecemento de trastornos musculoesqueléticos de orixe laboral (MSDs) en 10 países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Italia, Suecia e Suíza.

Este estudo analiza os MSDs máis comúns entre traballadores/as - o síndrome de túnel metacarpiano, tendinite do manguiño rotador, dor de costas e cóbado de tenista- e presenta estatísticas comparativas sobre o volume de reclamacións de valoración de MSDs en cada un dos países e a súa evolución entre 2007 e 2014.

Ligazón ao estudo Trastornos musculoesqueléticos: Que recoñecemento teñen como enfermidades laborais? Un estudo en 10 países europeos. (en inglés ou francés)

Ligazón á web www.eurogip.fr

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS