Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Non te metas nun berenxenal

07-07-2016 - INSHT

O INSHT publica este cartel coa intención de sensibilizar a traballadores/as sobre os riscos aos que se expoñen durante a reentrada e informar a empresarios/as das obrigacións a este respecto que se inclúen na lexislación sobre o uso sustentable de produtos fitosanitarios e outras consideracións que debe ter en conta para garantir a saúde dos seus traballadores/as. A exposición aos residuos de produtos fitosanitarios destes traballadores pode chegar a ser de magnitude similar ou mesmo superior á exposición durante as tarefas de mestura, carga e aplicación dos mesmos. Ademais hai que ter en conta que a percepción do risco que teñen os traballadores expostos a residuos do produto, ás veces non visibles, é menor que a dos responsables do tratamento fitosanitario.

Tras a aplicación de produtos fitosanitarios nun cultivo determinado, realízanse unha serie de tarefas como recolección, poda ou eliminación de malas herbas, que requiren a entrada de traballadores nos cultivos tratados (reentrada).

A exposición aos residuos de produtos fitosanitarios destes traballadores pode chegar a ser de magnitude similar ou mesmo superior á exposición durante as tarefas de mestura, carga e aplicación dos mesmos.

O Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se estabelece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios estabelece unha serie de obrigas relativas á prevención dos riscos derivados da exposición dos traballadores a estes produtos durante a reentrada.

Ligazón

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS