Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

INFOCARQUIM - Información sobre carcinóxenos químicos

08-05-2012 - INSHT

O INSHT ven de publicar, no apartado Ferramentas para a PRL e no catálogo de publicacións da páxina do INSHT, a nova versión da base de datos INFOCARQUIM (Información sobre carcinóxenos químicos), incluíndo agora os reprotóxicos de categorías 1A e 1B e as listaxes completas de cancerígenos, mutágenos e reprotóxicos (CMR) 1A e 1B.

De maneira xeral, a base de datos proporciona información sobre estes axentes en canto a clasificación, aplicacións e posibilidades de exposición, alternativas ao seu uso, etc. Constitúe unha ferramenta que pretende mellorar a prevención fronte aos riscos laborais derivados destas sustancias. Así o INSHT revisa e amplía o seu contido de maneira periódica.

Ligazón á Base de datos INFOCARQUIM - Información sobre carcinóxenos químicos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS