Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Guía práctica de Xestión da prevención na industria 4.0

01-07-2020 - Foment do Treball

Na presente guía preténdese, por unha banda, identificar que é a Industria 4.0, como está a impactar e impactará nas empresas e na transformación de perfís laborais e por outra banda, efectúase unha análise sobre como afecta a Industria 4.0 á prevención de riscos laborais, poñendo exemplos dalgunhas das tecnoloxías asociadas.

Se hai un verbo que define Industria 4.0 ese é claramente optimizar. Optimízanse os recursos, o consumo de materias, a enerxía, os procesos, a produción, os tempos, etc.

Pero, tamén se optimizan os niveis de seguridade e saúde nos postos de traballo?

Na presente guía preténdese, por unha banda, identificar que é a Industria 4.0, como está a impactar e impactará nas empresas e na transformación de perfís laborais. Doutra banda, efectúase unha análise sobre como afecta a Industria 4.0 á prevención de riscos laborais, poñendo exemplos dalgunhas das tecnoloxías asociadas.

E é que dar o paso cara á Industria 4.0 conleva cambios significativos das condicións de traballo. Algúns destes cambios xeran un impacto moi positivo, como son  a redución ou eliminación de certos tipos de riscos, mentres que outros cambios xeran impactos menos positivos, como a creación de novos riscos.

Ademais, ofrécense estratexias de adaptación dos elementos máis significativos dun sistema de xestión de prevención de riscos laborais, cos  ítems que hai que ter en conta nunha Industria 4.0.

Por último, incluíronse casos prácticos tanto de empresas que iniciaron o proceso de transformación cara á Industria 4.0, como empresas que realizan actividades de automatización de procesos industriais e empresas que implementan esta transformación dixital no ámbito da prevención de riscos laborais.

Guía  Industria 4.0 Xestión da prevención de riscos laborais

 

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS