Medidas para a xestión do risco fronte á exposición laboral a medicamentos perigosos en centros hospitalarios: enquisa de situación18-01-2024 - INSSTO obxectivo deste documento divilgativo é coñecer as actuacións que se levan a cabo nos centros hospitalarios fronte á exposición a medicamentos perigosos, tanto en relación coa súa identificación, avaliación de riscos e colectivos de persoas traballadoras potencialmente expostas, como das medidas preventivas e de protección adoptadas para minimizar a exposición. |
|---|
A partir da información obtida acerca das características das organizacións onde se manipulan estes axentes e das medidas adoptadas para a xestión do risco derivado da exposición, poderanse identificar aqueles aspectos aos que se debe prestar unha especial atención a fin de protexer de forma eficaz ás persoas traballadoras fronte a este risco.
Ligazón ao documento Medidas para a xestión do risco fronte á exposición laboral a medicamentos perigosos en centros hospitalarios: enquisa de situación. INSST 2023