Contaxio de gripe por persoal sanitario31-07-2015 - Enfermidade profesionalA traballadora sanitaria contaxiada no exercicio da súa actividade laboral, tivo que vencer a resistencia da mutua, que negaba o recoñecemento da orixe laboral e recomendaba a tramitación dunha incapacidade temporal a través do seu médico de cabeceira. |
---|
Neste caso en concreto, a profesional contaxiada notificou o feito á unidade de saúde laboral correspondente onde se lle notificou que a mutua únicamente aceptaba casos de contaxio para a gripe A-H1N1. En realidade a lexislación determina que todas as variantes da gripe A, B e C poden ser enfermidade profesional para as/os traballadores que se encargan da asistencia médica. Así, existe risco biolóxico derivado da propia actividade da traballadora.
A sanitaria presentou reclamación, aportando a documentación legal pertinente ante a Dirección Xeral da Mutua, que aceptou a continxencia como "accidente de traballo con baixa", aínda que non a calificou como enfermidade profesional.