Co financiamento de:
/ Portada / Lexislación

Actualización Código PRL

29-10-2026 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 23 de outubro de 2026, por modificacións no Real Decreto 665/1997, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, no Real Decreto 374/2001, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo, inclusión do Real Decreto 847/2026, polo que se estabelecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto e exclusión do Real Decreto 396/2006, polo que se estabelecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

MODIFICACIÓNS incorporadas no Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo:

-Artigo 2. Definicións.

-Artigo 6. Medidas de hixiene privado e de protección individual.

-Artigo 8. Vixilancia da saúde das persoas traballadoras.

-Artigo 11. Información e formación dos traballadores.

-Disposición transitoria única. Valores límite biolóxicos do chumbo e dos seus compostos inorgánicos ata o 31 de decembro de 2028.

-Disposición final primeira. Elaboración e actualización da Guía Técnica de Riscos.

-ANEXO I Lista de substancias, mesturas e procedementos

-ANEXO III Valores límite de exposición profesional e outras disposicións directamente relacionadas

-ANEXO III bis Valores límite biolóxicos vinculantes e medidas de vixilancia da saúde

MODIFICACIÓNS incorporadas no Real Decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo:

-Disposición transitoria única. Valores límite ambientais dos diisocianatos ata o 31 de decembro de 2028.

-ANEXO I Lista de Valores límite ambientais vinculantes (1)

-ANEXO II Valores límite biolóxicos vinculantes e medidas de vixilancia da saúde

Ligazón ao Real Decreto 846/2026, de 21 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos, mutáxenos ou reprotóxicos durante o traballo, e o Real Decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

INCLUSIÓN do Real Decreto 847/2026, do 21 de outubro, polo que se estabelecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

EXCLUSIÓN do Real Decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

Ligazón ao Código de Prevención de Riscos Laborais actualizado.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS