Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Biobutanol a partir de residuos de cervexa

09-05-2016 - I+D+i

Investigadores do Grupo de Tecnoloxía de Procesos Químicos e Bioquímicos da Universidade de Valladolid, coa colaboración de investigadores do Instituto Tecnolóxico Agrario de Castela e León, están a traballar nun proxecto que estuda o emprego do residuo sólido que se xera no proceso de elaboración da cervexa, para producir biobutanol, un tipo de biocombustible con gran potencial debido á súa similitude coa gasolina.

O bagazo da cervexa representa preto dun 30 por cento do gran da cebada; a valorización e aproveitamento deste residuo por parte das industrias cervexeiras para xerar novos produtos de valor engadido, abre o campo de investigación no ámbito dos biocombustibles.
 
O proceso de obteción de biocombutibles a partir de residuos agrícolas é un tanto complexo; estos residuos agrícolas teñen varios compoñentes fundamentais, compostos de tipo celulosa ou hemicelulosa e maior ou menor contido en lignina. Eses carbohidratos (celulosa e hemicelulosa) son unha fonte potencial de azucres que poden fermentar e transformar en biocombustibles. O obxectivo primeiro é tratar de conseguir a maior cantidade de azucres presentes nestes compostos para logo obter o maior rendemento posible.

Na fermentación, os investigadores empregan microorganismos do xénero Clostridium, bacterias capaces de fermentar a butanol con rendementos axeitados. Como destaca unha das investigadoras, "sempre se trata de traballar con cepas naturais, cepas non modificadas xeneticamente, en condicións sinxelas de mantemento e operación e que non supoñen un risco para a saúde, xa que a idea final é trasladar o proceso a unha escala industrial sexa de maneira simple e co menor custo".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS