Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Antioxidantes extraídos do bagazo do viño

04-09-2015 - I+D+i

Os polifenois presentes na uva son substancias químicas naturais que teñen virtudes antioxidantes, que poden atrasar o envellecemento ou protexernos de enfermidades como o cancro ou as doenzas cardiovasculares. Existen no viño e tamén quedan no bagazo, residuo que as adegas empregan, nunha mínima parte, para facer augardentes e que, na súa maioría, supón un refugallo de difícil xestión polo seu volume e os gastos asociados que ten a súa eliminación. Dun grupo de investigación da Universidade de Santiago, nace un proxecto que busca aproveitar as propiedades antioxidantes e bactericidas que ten o líquido natural que extraen do bagazo do albariño galego.

O proxecto xorde a raíz do traballo du equipo de investigadores do LIDSA, o Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas, da Facultade de Química da USC. O equipo estudiou as propiedades do bagazo, en colaboración coas cinco denominacións de orixe galegas. Logo de varios descubrimentos que foron publicados en revistas científicas, decidiron dar o paso a industria a través da iniciativa empresarial i-Grape.

O líquido extraído do bagazo ten aplicacións na industria farmaceutica, veterinaria e cosmética. No caso particular da industria veterinaria estase a probar o extracto como antibacteriano natural para as vacas: permite tratar os casos de mamite sen empregar antibióticos, sen que se den efectos secundarios na produción de leite.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS