Co financiamento de:
/ Portada / Formación

Formación en materia de prl

12-06-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Dentro das tarefas que desenvolve o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG está a realización de actividades formativas en prevención de riscos laborais. Neste ano 2012, estamos a realizar cursos básicos en prl, cursos monográficos e xornadas técnicas segundo a programación que pode visualizarse no apartado de eventos da portada da nosa páxina web.

No que levamos de ano, se impartiron ou están a impartirse cursos básicos en Ferrol, Vigo, A Coruña, Cee, Ourense, Lugo, Compostela, Burela e Ortigueira.

En relación aos Cursos Monográficos e as Xornadas Técnicas que se celebraron nestes últimos meses, abordaronse diversas temáticas en materia preventiva, entre as que se atopan  "Riscos específicos no sector naval", "Coordinación de actividades empresariais", " A prevención de riscos laborais en situacións de emerxencia hospitalaria", "Actuación dos delegados/as de prevención", etc.

Todas estas actividades formativas se dirixen a sectores de actividade específicos; en varios casos tivemos a posibilidade de contar para o seu desenvolvemento coa inestimable colaboración de diversos profesionais (ISSGA, Protección Civil, etc).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS