Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Unha hora de entrenamento á semana por contrato

08-05-2018 - SAÚDE LABORAL

En Suecia, un dos países onde máis exercicio físico se prectica, algunhas empresas comezaron a incluír unha cláusula nos seus contratos pola que os/as traballadores/as estarían obrigados a realizar unha hora de exercicio á semana. As razóns que esgrimen para incluír esta cláusula son a mellora da produtividade, o descenso do absentismo laboral e a mellora da saúde xeral dos/as traballadores/as.

Recentes estudos indican que a práctica de exercicio físico de forma regular pode mellorar a produtividade, ademais de mellorar notablemente a saúde, integrando hábitos saudables.

Ademais as empresas consideran que os valores relacionados co deporte, como o ánimo de superación ou o traballo en equipo, están aliñados coa filosofía das empresas; esta relación win-win na que todos gañan, persegue que a través da promoción de hábitos saudables, o/a traballador/a consiga mellorar a súa saúde e que a empresa conte con empregados/as máis motivados e produtivos.

Exemplos desta política de promoción do exercicio físico en Suecia, son a Compañía de distribución de auga Kalmar Vatten e a marca de roupa Björn Borg, que inclúen unha hora de exercicio físico á semana para os seus empregados/as por contrato.

Outras empresas ofrecen facilidades para incluír a práctica de exercicio físico no día a día organizando clases semanais de Ioga e Pilates para os seus empregados/as, dispoñendo de ximnasio nas instalacións ou facilitando a posibilidade de vir ao traballo en bicicleta (habilitando aparcadoiros específicos ou mesmo duchas nas súas instalacións).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS