Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Só a crise logra diminuír a sinistralidade laboral

25-01-2012 - SINIESTRALIDADE

Cada día falecen en España dous traballadores como consecuencia do seu traballo, 15 sofren un accidente grave, 1.587 teñen un accidente leve e 2.135 son vítimas dun sinistro sen baixa. E aínda que os datos do Ministerio de Emprego mostran que 2011 pechou de novo cun descenso no número de accidentes, expertos e sindicatos atribúen esta mellora sobre todo á crise e á diminución no número de empregados.

As cifras falan por si soas. Ata setembro pasado (últimos datos globais dispoñibles) rexistráronse 1.009.611 accidentes de traballo, un 4,1% menos que en idéntico período de 2010. No mesmo intervalo de tempo contabilizáronse 515 accidentes mortais, 53 menos que un ano antes.



Por terceiro ano consecutivo, en 2011 foron máis numerosos os accidentes laborais que non causaron baixa que os que si o fixeron, un fenómeno que comezou a producirse en 2009, cando ata entón o habitual era xusto o contrario. Así, ata setembro pasado, dos que si causaron baixa, que sumaron 433.063, o 88,6% dos sinistros ocorreu durante a xornada laboral e o resto, o 11,6%, foron accidentes in itínere. Un informe analiza estas cifras por tipos de accidentes, sectores e mesmo segundo o tipo de traballo que realizan os empregados que sufriron algún sinistro. Atendendo á gravidade dos accidentes producidos durante a xornada laboral, o devandito estudo destaca que se rexistrou un descenso nos tres niveis (leves, graves e mortais), "pero a menor diminución produciuse nos accidentes mortais, mentres que no caso dos sinistros in itínere, foi ao revés, a maior melloría produciuse no número de falecidos".



Unha das principais conclusións ás que chega o estudo é que na redución que se atisba na sinistralidade laboral influíu directamente a crise e o feito de que o número de traballadores e a actividade económica sexan menores e non tanto a aplicación de máis medidas de seguridade.



Por sectores, destaca o caso da agricultura por ser a única actividade onde aumentaron os accidentes laborais con baixa, aínda que servizos continuou sendo o sector con máis sinistros, tras contabilizar o 58% do total. En canto aos accidentes mortais, estes aumentaron tanto en agricultura como en industria, aínda que volveu ser servizos onde se contabilizaron máis falecidos; non en balde, é o sector que aglutina máis traballadores. Por tipo de actividade, o maior número de accidentes mortais produciuse no transporte terrestre, na construción de edificios e na construción especializada. E sobre o perfil das vítimas, chama a atención como o maior número de mortes rexístrase entre os homes de 45 a 54 anos e entre as mulleres de 25 a 34 anos.


Fonte de Datos: cincodías.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS