Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Recargo de prestacións en caso de sucesión de empresas II

03-06-2015 - sentenza

Nesta sentenza o Alto Tribunal cambia de criterio en relación a unha sentenza anterior (sentenza de 28 de outubro de 2014 sobre un caso similar) tras “unha meditada reconsideración da cuestión”, entendendo que a transmisión da responsabilidade non só opera respecto das prestacións causadas no momento de producirse a sucesión, senón tamén respecto das que estén pendentes de recoñecer e das que se están xerando, con independencia de que a data de recoñecemento da prestación sexa posterior á data de sucesión.

Segundo comentabamos na nova “Recargo de prestacións en caso de sucesión de empresas I” e segundo aparece recollido na sentenza, o artigo 44 do ET dispón que nos supostos de cambio de titularidade dunha empresa o novo empresrio queda “subrogado en dereitos e obrigas laborais e de Seguridade Social  do anterior” e se establelece a responsabilidade solidaria “durante tres anos das obrigas laborais nacidas con anterioridade á transmisión”, “sin prexuízo do establelecido na lexislación da Seguridade Social”. O artigo 127.2 da LXSS indica que “nos casos de sucesión o adquirinte responderá solidariamente co anterior das prestacións causadas antes da sucesión”. Este artigo refírese específicamente ás “prestacións” e non ao “recargo de prestacións”, apreciándose un valeiro legal  no que atinxe á regulación do recargo de prestacións no caso de sucesión de empresas.

E aquí é onde a interpretación varía con respecto á sentenza anterior.  Nesta nova sentenza, o Tribunal conclúe que o artigo 127.2 da LXSS debe comprender os recargos de prestacións recoñecidos antes da sucesión, obviamente, así como aqueles outros que, por estar en curso de xeración o dano atribuible á infracción de medidas de seguridade e protección da saúde, como é o caso de determinadas enfermidades profesionais de manifestación tardía (asbestose, ou silicose), se atopasen en camiño de materializarse na data de cambio empresarial, indicando así mesmo que “calquera outra interpretación produciría unha desprotección para o perxudicado que resultaría difícilmente xustificable en termos de política lexislativa”.

Ligazón á Sentenza de 23 de marzo de 2015. Recurso de casación 2057/2014. Tribunal Supremo. Sala do Social

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS