Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Por qué vai traballar a xente estando enferma?

19-11-2015 - SAÚDE LABORAL

Na investigación levaron a cabo un metaanálise de 61 estudos anteriores cun total de 175.960 participantes e detectaron severidade en empresas respecto das ausencias, aínda que estivesen xustificadas. Outro dos achados da investigación é que este comportamento xorde moitas veces dun gran sentido de compromiso coa empresa, algo que motiva a dar ese esforzo extra que atenta contra a propia saúde e contra os intereses da propia empresa, porque pode espallar a doenza a outros traballadores/as.

O estudo, realizado por investigadores da  Universidade de East Anglia (Reino Unido) e a Universidade de Concordia (Canadá) e publicado en Journal of Occupational Health Psychology, indica que hai dous tipos diferentes de empregados que van traballar a pesar de se atopar mal: os que se senten vulnerables porque a súa situación económica e profesional lles provoca tensión, e aqueles aos que lles gusta o seu traballo e lles resulta difícil manterse afastados del.

Na investigación levaron a cabo un metaanálise de 61 estudos anteriores cun total de 175.960 participantes e detectaron severidade en empresas respecto das ausencias, aínda que estivesen xustificadas. Outro dos achados da investigación é que este comportamento xorde moitas veces dun gran sentido de compromiso coa empresa, algo que motiva a dar ese esforzo extra que atenta contra a propia saúde e contra os intereses da propia empresa, porque pode espallar a doenza a outros traballadores/as.

Nun estudo anterior, dirixido por Katherine Ashby, para The Work Foundation, revelábase que ir traballar enfermo supón para a empresa unha perda 1,5 veces maior que o feito de que o empregado quede na casa recuperándose da súa doenza. O traballo tamén sinala que os empregados que están nun ambiente laboral de apoio e con boa relación cos seus supervisores, non se senten presionados para ir ao traballo durante unha enfermidade. Ademais, están máis satisfeitos laboralmente e teñen mellor saúde. O cal podería ter unha consecuencia paradóxica: canto menos presiona a empresa contra as ausencias por enfermidade, menos traballadores enferman.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS