Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O xulgado recoñece un ictus como accidente laboral

02-10-2018 - SENTENZA

O Xulgado do Social número 6 de Bilbao recoñeceu como accidente laboral un infarto cerebral sufrido por un traballador mentres se atopaba no lugar de traballo; a mutua negou dita condición alegando que o ictus se derivaba dunha enfermidade común. A sentenza falla a favor do demandante e recoñece o proceso de incapacidade temporal iniciado ao declarar o accidente vascular como unha continxencia profesional.

O demandante traballaba como oficial de primeira desempeñando labores de limpeza viaria a pé e de condutor de camión para recollida de enseres en vía pública. Tras o ictus, a mutua emitiu un informe con relación ao suceso no que resolvía que «o ictus sufrido polo traballador derivaba dunha enfermidade común e por tanto non o consideraba como accidente de traballo».

A sentenza recoñece como «tempo asimilable ao do traballo o tempo destinado para equiparse ou desprenderse do equipo necesario para realizar a actividade laboral, dado que os primeiros síntomas, que posteriormente derivaron nunha hospitalización, reflectíronse no vestiario do centro de traballo onde accedeu tras unha xornada calorosa e tras terminar a súa actividade, empezando a sentirse indisposto nos vestiarios», sostén o tribunal.

 

Fonte: El Correo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS