Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Cómo quitarse a roupa de protección sen contaminarse

01-04-2014 - Hixiene

As roupas e as luvas de protección son ás veces necesarios para protexer aos traballadores/as do contacto con sustancias que poderían danar a pel ou, mesmo, atravesala e dar lugar a intoxicacións que poden ser graves. Pero tarde ou cedo os/as usan este tipo de proteccións han de quitalas, e é nese momento cando poden contaminarse coas sustancias que poden acumularse en luvas ou vestidos.

Para previr ese problema o Institut National de Recherche et Sécurité (INRS), un organismo francés de investigación en prevención cuxa xestión é tripartita e que é integramente financiado pola Seguridade Social, publicou unha serie de folletos con recomendacións de boa práctica para quitarse as proteccións indiiduais contra riscos químicos e biolóxicos sen contaminarse.

Estes folletos céntranse na eliminación da roupa de protección ou luvas (reutilizables ou desechables) e describen os procedementos a seguir para retirar os equipos de protección persoal sen exporse aos axentes químicos ou biolóxicos acumulados nos EPI. Estes procedementos deben ser complementados con medidas de hixiene no lugar de traballo, incluíndo o lavado de mans e das proteccións individuais se son reutilizables.

Tres de folletos refírense ao uso de roupa de protección e tratan respectivamente da descontaminación baixo a ducha, da descontaminación con aspirador e de retirar a roupa sen descontaminala. Os dous restantes fan referencia ás luvas, xa sexan para riscos químicos ou biolóxicos e contemplan, respectivamente, as luvas dun só uso e as luvas reutilizables.

Todos eles poden descargarse desde esta ligazón.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS