Confirmados 2 anos por un accidente mortal06-02-2014 - ACCIDENTE LABORALA Audiencia de Valladolid ratificou a pena de dous anos de prisión imposta ao enólogo de Adegas Protos, polo accidente rexistrado en 2007 na sede da embotelladora. |
---|
O accidente saldouse cun falecido e un ferido grave como consecuencia da caída dun montacargas, se ben absolveu a dous traballadores e coordinadores do Plan de Plan de Prevención de Riscos Laborais da referida mercantil, que tamén foran condenados en primeira instancia.
A sentenza da Sección Segunda do Penal da Audiencia valisoletana estima parcialmente o recurso de apelación do enólogo interposto contra o fallo anterior do Xulgado do Penal número 2 e absólveo do delito contra o dereito dos traballadores, se ben confirma a súa condena de dous anos de prisión por un delito de homicidio imprudente e doutro de lesións por imprudencia grave, co atenuante de dilacións indebidas no proceso.
O conxunto das indemnizacións suman máis de 427.000 euros.
Fonte: europapress.es