Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Chernóbil: 30 anos despois

27-04-2016 - Saúde

O día 26 de abril cumpríronse 30 anos do maior accidente nuclear da historia: un cúmulo de erros (construtivos por un lado e de seguimento de protocolos de actuación nun simulacro de emerxencia por outro) desencadearon a explosión do reactor número 4. Aínda que a cifra oficial de mortos quedou en 31, foron moitas máis as vítimas mortais nos días, semanas e anos posteriores ao accidente, ás que hai que sumar os máis de 100.000 desprazados/as pola evacuación dunha zona de 30 quilómetros na fronteira entre Ucraína e Bielorrusia.

Co fin de conter a radiación durante un período estimado de 30 anos, se construiu o mesmo ano do accidente un sarcófago que cubre a central ;  no ano 2000 apágase o reactor 3, o último que quedaba en funcionamento por motivos de seguridade. No 2007 iníciase a construcción no novo sarcófago que se espera esté rematado no 2017.  Esta nova construción denominada "arco", única no seu xénero, protexerá ao sartego construído sobre o cuarto reactor (o accidentado) de calquera posible fuga radioactiva, segundo indica o director da central, Igor Gramotkin, ao semanario Zérkalo Nedelii. O proxecto "arco", sinalou, custa 2.500 millóns de euros e nel participan 28 países ademais do Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento, que é o administrador do fondo de Chernóbil. Gramotkin explicou que o terceiro reactor pode considerarse xa como unha instalación non nuclear e o segundo e primeiro bloque terán tamén esta categoría este mesmo ano, cando se acabe de eliminar o combustible radioactivo que hai no seu interior.

Dende o ano 2013, o lugar é visitable: únicamente é preciso solicitalo formalmente cunha antelación mínima de diez días ás autoridades ucranianas e pagar unhas tasas. A maioría da xente que visita a zona o fai a través de axencias especializadas: turismo de catástrofes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS