Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Cambie a súa escada

13-12-2013 - Seguridade

As caídas dende as escadas de man son frecuentes e, a miúdo, dan lugar a lesións graves e mesmo mortais. Entre as causas deses accidentes figura un uso imprudente pero tamén a utilización de escaleiras en mal estado ou inapropiadas para o uso concreto que se lles dá. Para previr estes accidentes, no ano 2007 o Hellth and Safety Executive británico lanzou a primeira campaña "Cambie a súa escada", unha especie de plan renove no que colaboraron a asociación británica de fabricantes de escadas e un bo número de comercios especializados que, durante a campaña, ofrecían descontos se se adquiría unha escada nova entregando unha vella. A campaña estendeuse durante o cuarto trimestre do ano.

O éxito sorprendeu aos propios organizadores, até o punto de que a campaña se volveu anual e nos tres primeiros anos logrou a substitución de case 7.000 escadas.
Na actualidade, visto o interese económico da promoción, os fabricantes de escadas asumiron a organización da campaña, que este ano volve celebrarse nas datas xa tradicionais e compleméntase con actividades paralelas, como cursos de formación no uso seguro de escadas. De feito os fabricantes aproveitan a ocasión non só para vender, senón para promocionar o seu produto, algo posto en dúbida, defendendo a súa seguridade a condición de que se empregue a escada axeitada para cada operación e se empregue por persoal debidamente formado.
Outra das actividades paralelas, boa proba do humor inglés, é un concurso de fotografías nas que se amosa o emprego imprudente de escadas. De entre as 38 fotografías participantes, a gañadora  foi a que se amosa nesta noticia. Á vista da fotografía, non é de estrañar que levase o premio.

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS