Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A agravación dunha enfermidade silente é accidente de traballo

16-02-2016 - TRIBUNAL SUPREMO

Conclúe a Sentenza que “procede estimar o recurso por ser doutrina reiterada desta Sala a de que é constitutiva de accidente laboral toda agravación de calquera enfermidade preexistente que sufra o traballador e se produza con ocasión do accidente, cal se deriva do disposto no artigo 115-2-f) da L.G.S.S”

O traballador prestaba os seus servizos na empresa ELSAMEX SL como encargado e causou baixa por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo o 16 de decembro de 2009, por accidente de tráfico sufrido o día anterior, alcance por detrás de baixo impacto. Con diagnóstico de espasmo muscular, permanece de baixa por este accidente dende esa data ata o 31 de xaneiro de 2010 en que se produce o alta por melloría que lle permite traballar, aínda que ten que seguir facendo rehabilitación ata o 8 de marzo.

Tras a reincorporación volve causar baixa médica o 8 de abril 2010 por enfermidade común, baixa que se estende ata que pasa a incapacidade permanente total derivada de enfermidade común por escordadura cervical postraumática con discopatía dexenerativa.

Instado expediente de determinación de continxencia ditouse resolución do INSS que declarou que o proceso de IT iniciado o 8 de abril de 2010 derivaba de enfermidade común.

Antes do accidente, o 29 de setembro de 2009, a empresa realizara a través de UNIPRESALUD un recoñecemento médico ao actor, declarándolle apto para o seu posto de traballo.

Aos tres días de accidente o 23 de decembro de 2009 en informe médico, no apartado de -antecedentes de interese- faise constar que o actor padece desgaste discal L5- S1. A única forma de diagnosticar o desgaste cervical é a través de probas obxectivas (resonancia magnética) segundo declaración de perito de parte actora.

Sinala a sentenza que o actor, antes de ter o accidente que determinou a súa incapacidade, sufría unha patoloxía lumbar dexenerativa, aínda que estaba silente como o evidencia o que non fose diagnosticada en previos recoñecementos médicos e o que non lle impedise traballar con normalidade.

Conclúe a Sentenza que “procede estimar o recurso por ser doutrina reiterada desta Sala a de que é constitutiva de accidente laboral toda agravación de calquera enfermidade preexistente que sufra o traballador e se produza con ocasión do accidente, cal se deriva do disposto no artigo 115-2-f) da L.G.S.S”

 Ligazón á sentenza

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS