Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Enfermidades profesionais por trastornos musculoesqueléticos

25-09-2026 - CNSST

O obxectivo do presente informe é realizar unha análise descritiva do rexistro informatizado anonimizado de EEPP, do grupo 2, comunicadas a través do sistema CEPROSS, pechadas como EEPP no ano 2024, desagregadas por sexo, franxa de idade e Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE). Estes datos foron cedidos pola Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e elaborados polo departamento de Investigación e Información (INSST). En concreto, o estudo centrarase nas EEPP por TME, entendendo que son aquelas asociadas a lesións en segmentos corporais; é dicir, as correspondentes ao grupo 2, axentes B (subaxente 2: enfermidades osteoarticulares por vibracións), C, D, E, F e G.

Disponse dunha mostra de 14.240 partes pechados como EEPP do grupo 2 correspondentes ao ano 2024, a nivel estatal. En concreto, a base de datos desagrupada contén as seguintes variables: sexo, idade, idade agrupada, CNAE a tres díxitos, descrición CNAE a tres díxitos, código de enfermidades profesionais (CODEP), descrición CODEP, axente, descrición axente e existencia de parte de baixa. Para a clasificación das actividades económicas utilizouse a CNAE-2009.

Á súa vez, o INSST facilita os datos de filiación da poboación traballadora do ano 2024, desagregados por CNAE a dous díxitos (división) e sexo. Destes partes, 13.670 correspóndense con EEPP do grupo 2 por TME.

A análise estatística foi realizado polo Servizo de Programas de Actuación e Estatística do Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo (INVASSAT).

Ligazón ao documento Enfermidades profesionais por trastornos musculoesqueléticos. CNSST 2026.

Ligazón á infografía Danos á saúde con baixa por trastornos musculoesqueléticos. CNSST 2026.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS