Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Actividades prioritarias en función da sinistralidade. Datos 2025

13-10-2026 - INSST

Este informe do INSST céntrase na priorización das actividades económicas (a dous díxitos da CNAE) en función de dous parámetros: o índice de incidencia de accidentes de traballo en xornada (número de accidentes de traballo por cada 100.000 persoas traballadoras) e o número de persoas traballadoras que desenvolven o seu traballo nunha actividade concreta (persoas afiliadas coa continxencia de accidente de traballo cuberta).

Neste informe tómase para o cálculo dos índices de incidencia, como numerador, o número de accidentes por división de actividade, considerando como actividade económica aquela desenvolvida pola empresa á que pertence a persoa afiliada accidentada (CNAE a dous díxitos), estabelecéndose matrices en cuartiles en relación cos accidentes totais; os accidentes graves e mortais, e a poboación afiliada co fin de cartografar unha xerarquía de actividades onde a acción preventiva é prioritaria dadas as cifras dos indicadores de sinistralidade e a poboación potencialmente vulnerable.

Ligazón ao Informe: Actividades prioritarias en función da sinistralidade. Datos 2025. INSST 2026

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS