Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Un erro con importancia

13-11-2013 - SAÚDE LABORAL

Esther McVey, a nova ministra de Emprego británica (equivalente a unha Secretaría de Estado en España) viu como as competencias saúde e seguridade eran eliminadas do seu cargo cando se soubo que fora directora dunha empresa de demolición que fora sancionada por incumprimentos graves nesta materia.

Esther McVey, quen o 9 de outubro pasou de ser responsable do ministerio da Minusvalidez a ministra de Emprego, foi directora da firma do seu pai JG McVey & co Ltd entre febreiro de 2003 e marzo de 2006.

En xullo de 2003 a inspección de traballo ordenou a paralización do traballo nunha obra de demolición en Liverpool despois de descubrir aos empregados da empresa traballando en estadas sen protección nos bordos.

En setembro do mesmo ano os inspectores paralizaron de novo o traballo cando dous traballadores foron sorprendidos traballando na estada sen protección nos bordos.

Os inspectores tamén encontraron un traballador cunha motoserra sen o equipo de protección persoal axeitado.

En ambos os dous casos, os inspectores paralizaron o traballo, algo que só se leva a cabo cando existe un "risco de lesións persoais graves".

A base de datos (pública) do Health and Safety Executive mostra que JG McVey & Co Ltd, que tiña a súa sede social en Liverpool e cesou na súa actividade o ano 2010, fora sancionada sete veces por incumprimentos relacionados coa seguridade no traballo dende o ano 2002.

Supoñíase que McVey asumiría as competencias en saúde e seguridade, unha competencia asignada á carteira de Emprego dende o ano 2010, algo que fixeran os dous titulares anteriores, Chris Grayling e Mark Hoban.

Non obstante, despois de que a revista Environmental Health News manifestase ante as autoridades a súa preocupación polos antecedentes profesionais da ministra, o Departamento de Traballo e Pensións, do cal depende o ministerio de Emprego, modificou o seu organigrama traspasando as competencias en saúde e seguridade ao ministro de Minusvalidez, Mike Penning, quen nas súas primeiras declaracións tras tomar posesión non fixera mención algunha acerca de que asumiría as competencias en saúde e seguridade.


Fonte: EHN Online

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS