Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Primeiros resultados da enquisa ESENER - 3

02-12-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Na páxina web da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo pode atoparse unha selección dos principais resultados da enquisa ESENER-3 levada a cabo en 2019, a terceira edición da "Enquisa europea nas empresas sobre riscos novos e emerxentes", realizada pola Axencia.

Para este traballo, procedeuse a enquisar a máis de 45.000 establecementos de 33 países sobre a súa xestión actual da saúde e a seguridade no traballo (SST), en especial sobre os principais factores que favorecen ou que obstaculizan a consecución dunha xestión eficaz e a participación dos traballadores/as.

A enquisa céntrase especialmente na xestión dos riscos psicosociais, como o acoso e a tensión relacionada co traballo.

A necesidade de tratar con persoas difíciles, os movementos repetitivos do brazo e da man, e a necesidade de carrexar ou desprazar a persoas ou obxectos pesados seguen figurando entre os factores citados a miúdo polas empresas como factores de risco para a saúde dos traballadores no conxunto de Europa.

As cuestións adicionais incluídas na enquisa de 2019 arroxan nova luz sobre os riscos ocupacionais emerxentes para a seguridade e a saúde (SST): o impacto da dixitalización, por exemplo, e a importancia de permanecer sentado durante períodos prolongados, constitúe na actualidade o terceiro factor de risco máis habitual comunicado polas empresas europeas.

Os resultados da enquisa teñen como obxectivo servir de axuda para o deseño de novas políticas en materia de  SST e garantir unha maior eficacia na xestión dos riscos dos lugares de traballo en Europa.

Ligazón aos primeiros resultados da enquisa ESENER-3 (en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS