Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Plan Xeral de Actividades Preventivas da Seguridade Social

07-04-2015 - mutuas

A Seguirdade Social ven de remitir aos axentes sociais o proxecto de Resolución no que se define o Plan Xeral de Actividades Preventivas da Seguridade Social que deberán aplicar as Mutuas no ano 2015. En relación ao asesoramento técnico a pemes incluído no Plan, este céntrase nos sectores que están a rexistrar un maior número de accidentes graves e mortais; así contémplanse 30 sectores nos que a porcentaxe de accidentes graves e mortais é do 82,93%. En relación ao programa anterior, 26 sectores repiten e se incorporan 3 novos.

No plan se contemplan tamén 28 enfermidades profesionais xunto cos sectores de actividade aos que corresponden.

Dentro do plan aparece o cambio de nome de Prevención10.es, que pasa a denominarse Prevencion25.es; este proxecto centrado na prevención de riscos laborais, está a disposición dende o ano pasado, das empresas de ata 25 traballadores/as e traballadores/as autónomos adheridos.

No primeiro trimestre de 2016, as mutuas presentarán a información relativa á execución dos plans individuais de actividades preventivas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS